RIBEIRASACRA_NEXT

Convenios

Convenio Club Nordés Empresarial

A finais de maio do 2025 a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next asina convenio de colaboración con Nordés Club Empresarial.

Con máis de 200 empresas socias, Nordés é unha asociación empresarial multisectorial privada que achega continente e contido, nun espazo híbrido no que se integran negocio e vida social/cultural. Un modo de atender de forma efectiva e integradora, aos retos do tecido empresarial e profesional do noroeste peninsular.


Vantaxas para empresas asociadas a Ribeira Sacra Next:

  1. Desconto do 25% na cota de alta, vixente en cada momento, de Nordés Club Empresarial, e mentres non se alcance o número máximo de persoas socias.
  2. Desconto do 25% en eventos organizados por Nordés Club Empresarial.


Vantaxas para a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next:

  1. Desconto do 25% na cota de alta, vixente en cada momento, de Nordés Club Empresarial.
  2. Acceso á Newsletter interna de Nordés Club Empresarial.
  3. Dous dereitos ás instalacións de Nordés Club Empresarial, para ser utilizados pola directiva ou staff.
  4. Dereito a utilización das instalacións de Nordés Club Empresarial para a organización de eventos definidos nas mesmas tarifas que as empresas socias do Club.


Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal